Os ollos... espellos da alma...
Se é verdade que os ollos son os espellos da alma, en Proxecto Gato (Vigo) viven as almas máis bonitas e puras do mundo enteiro. E todas elas loitan día tras día por sobrevivir nun mundo cheo de escuridade. Seguen adiante gracias á axuda de persoas que, desinteresadamente, lles fan chegar donativos, comida, area, penso, medicamentos, e sobretodo compañía.
Entre os voluntarios do Refuxio de Bando, contamos con amantes de todas as especies de animais. Algúns teñen predilección polos cans, outros teñen predilección polos gatos, mais ese non é un problema cando se trata de axudalos a todos e cada un deles. Todos loitamos polo mesmo, e a nosa prioridade é que todos os animais, sexan da especie que sexan teñan dereito a vivir, e vivan, nas mellores condicións posibles. No Refuxio de Bando conviven centos de cans... En Proxecto gato conviven centos de gatos... e coma todos loitamos polo mesmo, coma todos debemos apoiarnos, axudarnos, e darnos forzas, voluntarios de Bando nos diriximos esta fin de semana ás instalacións de Proxecto Gato nunha viaxe solidaria que tivo unha impresionante acollida por parte de todos os voluntarios do noso Refuxio, e moitísimas outras persoas. Mais das que nos imaxinabamos. Foi, realmente, unha gran experiencia, que nos deixou a todos sobrecollidos. A Irmandade entre os animalistas existe, e non hai que ir moi lonxe para encontrala...
A iniciativa de Olalla e Alberto, déixaronnos un total de 150 EUROS en donativos - entregados íntegramente a PROYECTO GATO - ademáis de moitos sacos de area, pienso, periódicos, mantas, un rascador e xoguetes, golosinas para os gatos, unha bolsa de menciñas.... E estas espectaculares imaxes dunha xornada solidaria moi difícil de esquecer :
1. Todo comezou ás 11:30 da mañá. Logo dunha mañá de voluntariado, reunímonos para colocar toda a mercancía nos coches....
Empezando a carrexar cousas
Mantas coa súa propia historia...
Moitísimas gracias á nosa donante especial dunhas mantas cheas de historia. Pertencían ao seu canciño que faleceu fai pouco tempo. Sabemos o difícil que poder chegar a ser perder a un amigo e compañeiro, e mais aínda desfacerse das cousas que lle pertencían. Alomenos podemos estar seguros de que as mantiñas seguirán sendo moi útiles a moitos gatiños, e iso sempre é un alivio para o corazón. MOITAS GRACIAS.
Cos coches enchidos e a medio encher !
2. Con todo listo e preparado, e con ilusións renovadas, puxémonos en marcha. A seguinte parada... PONTEVEDRA! Onde nos esperaban con máis cousas!!
Andrea e os seus amigos, con donativos en PONTEVEDRA
Area, penso, medicinas, e incluso catnip!! Moitísimas gracias, rapaces!!!
3. Logo de facer a nova distribución nos coches, puxémonos camiño a PROXECTO GATO, onde xa nos agardaban os nosos novos felinoamigos !!! Tatyana, Albert e Manuel !!! Foi un placer enorme coñecervos !!!
Albert, Olalla, Estela, Ruth, Tatyana e Gabriel
Manuel e os nosos futuros voluntarios !!
4. O recibimento en Proxecto Gato foi moi caluroso. Déronnos a benvida cun enorme sorriso a pesar das horas que eran (14:00!!), E comezamos a descargar.....
O sitio é pequeno e hai que calcular ben en que orde se coloca todo :)
6. E xa... por fín... ¡¡¡A BENVIDA DOS GATOS!!! Sen dúbida a parte máis desexada por todos nós. Un pouco de GATOTERAPIA :D
7. Aínda que ás veces... os gatos tómanse a benvida moi a peito!!!!
Víctima de SERI nº 1 !
Víctima de SERI nº 2 !
8. Mais o que sí é certo é que os gatos adoran recibir visitas...
8. Mais o que sí é certo é que os gatos adoran recibir visitas...
9. E as despedidas, ás veces, fanse moi complicadas...
10. Pero hai que pensar en POSITIVO! Na próxima visita, máis... moito máis!!! Despois de todo... O show debe continuar...
-----
FOTOS DE OLALLA e MANUEL. Podedes ver máis en FACEBOOK:
OLALLA: http://www.facebook.com/media/set/fbx/?set=a.203491096350781.50207.100000696770263
MANUEL: http://www.facebook.com/media/set/fbx/?set=a.181205105260058.37738.100001117105973
E todos os gatiños que podedes adoptar, ou apadriñar, en: http://proyectogato.org/
Autora: Estela Solar
------------------------------------------------------------------------------------------------
Moitas grazas Estela, polas tuas palabras, e sobre todo, grazas a todos os que os movilizasteis por axudarnos e os que viñechedes a coñecer en persoa os nosos peludos. Foi un privilexio coñecervos.
Cousas así son as que nos dan as forzas para poder seguir adiante.
Os nosos peques son moi afortunados por que teñen moitos anxos velando por eles.
Bicos e apertas de parte de todolos voluntarios de Proxectogato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario