lunes, 11 de abril de 2011

Noticias de nuestros peques


Esta semana os vamos a presentar a Felisa y a Lola, Toni nos ha mandado unas fotos chulisimas y nos cuenta como le va a la parejita..


 



Teño duas gatas lola e Felisa ambalas duas adotadas xa de adultas…
Lola e a ‘’veterana’’ adopteina grazas a una amiga, Teba, ela sabia que eu estaba a pensar en adoptar un gato e xusto un dia atopeina cando ia con lola ao veterinario para ‘’vaciala’’ posi estaba preñada e bueno xa ‘’namoreime’’ e quedei con ela…con vos estivo uns tres meses o tempo en que se recuperaba perfectamente e o que tardamos en facelo tramite..realmente non sei a sua idade
 , en agosto do 2008, dixeronme que teria sobre tres anos… como vedes e un pouco gordiña anda sobre os cinco kilos e o único problema e que ten una xenxivite ectoplasmatica que lle ten a boquiña algo mal pero que estou tratandoa e tentando minimízalo problema…


 
Lola e de carácter tranquilo, moi ‘’baldreu’’. Non xoga e o de moverse non vai con ela, o único movemento que fai e o momento de ir a comer o resto pasoa tirada no sofá cando pode enriba miña e, se vai solciño, sentada no alfeizar da venta..e moi mimosa as veces de mais en canto me vou ao sofá xa se me pon enriba…
 


 
Felisa xa a coñecedes, ela e todo o contrario de lola un fedello cotilla e moi xoguetona e trae a lola polo camino da amargura… tamen e moi comilona ainda que como e tan activa apenas chega aos catro kilos… Segueme a todas partes e as veces cando me achego bota a correr…pero se me para o se me agacho enseguida vence a frotar. E moi enerxica e mimosa case mais que lola. Tamen lle encanta o sofa e a ventá pero como se move moito mais non para moito tempo neles…
Encantalle xogar e calquera cousa lle vale dende una pedriña da sua area ate o rolo de papel hixienico… Todo o contrario que Lola…Como vedes so coinciden en duas cousas: que son moi comilonas e que ambas son moi mimosas. Tamen Felisa que en canto me sento no sofá subese ao respaldo e curiosamente frotase contra a miña cabeza e dame pequenos empuxons-…jajajaj a Felisa custalle mais subirse enriba miña pero a noite después dun tempo intenta atopar o seu sitio enriba miña…jajaja




A convivencia entre elas agora e bastante boa. Ao principio non tanto, custoulles moito adaptarse. Agora teñen días en que andan una detrás da outra pero a maioria toleranse, non son as mellores amigas pero ‘’aguantanse’’ a ver se con mais tempo…


Muchas gracias por las fotos Toni, y por contarnos como se llevan las dos peludas, se las ve preciosas y sobre todo muy "relajadas" :D .
Dale muchos mimos de nuestra parte y un abrazo para ti por quererlas tanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario