lunes, 28 de marzo de 2011

O servizo de asesoría xurídica en Vigo: Amigos da Terra

DIFUNDIMOS:

Queres asesorarte sobre como facer unha denuncia ambiental, cando e onde presentala e que repercusións terá? Queres aprender a facer alegacións para poder opinar sobre os proxectos das administracións?


O medio ambiente é un ben común e colectivo, cunha gran fraxilidade e difícil reparabilidade, que esixe a intervención de todos e todas para a súa conservación. Trátase por elo dun sector especialmente sensible á necesidade e valor da participación social. A sociedade atopa nos problemas ambientais ameazas serias para a súa saúde e a súa supervivencia asumindo a posibilidade de introducir reformas ou cambios institucionais capaces de enfrontar os devanditos riscos.

Achégate de martes a xoves ao local de Amigos da Terra – Agareso en Policarpo Sanz, 17, 1º D en Vigo e contarémosvos como protexer o medio ambiente dun xeito efectivo e gratuíto!

Como contactar:
xuridico@amigosdaterra.netEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   e no 986.125.171
Horario: de 8.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30h

http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-xuridico/762-o-servizo-de-asesoria-xuridica-en-vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario