jueves, 31 de marzo de 2011

Manifiesto Vigo NON o maltrato animal



Queimaduras prolongadas,fractura de membros dianteiros,rotura de omoplatas pasando as súas patas á posición contraria,mutilación ,penetración rectal con elementos corto punzantes,inxesta dos seus propios excrementos,sal nas feridas…..”

Por todo isto tivo que pasar Schnauzi antes de morrer,torturado durante 11h por un criminal que o gravou e colgou en Internet promentendo repetilo.
Ete suceso seguramente remexeu moitas conciencias,tamén as dalgúns que ata o de agora permanecían indiferentes ante o continuo maltrato ó que miles de animais son sometidos no noso estado cada ano.
Pero xa sen entrar en prácticas non menos atroces pero legais,como a tauromaquia,a experimentación,a gandería intensiva,a caza ou a peletería entre outras,o día a día en España está ateigado de cadáveres nos que o sufrimento e o pavor estiveron presentes nos seus derradeiros instantes de vida,como consecuencia de actos de crueldade ilícitos,tan espantosos coma o deste cachorro de Pomerania.
Nunha época na que os gobernos presumen da súa preocupación por conceptos como o benestar social,a liberdade, o respeto ou a ética,manter como válidas unhas leis e penas tan insuficientes e pouco efectivas nos casos de maltrato animal,non deixa lugar a dúbidas:á mayoría dos políticos non lles move o desexo de xustiza nin tampouco que a lei provoque o efecto disuasorio que se supón indisoluble da súa redacción,senón un mero interese electoralista e sobre todo,un cinismo que unha sociedade cun mínimo de dignidade e compromiso non pode permitir.Cada día somos maís os que nos negamos a continuar consentindo esta sangría de vidas,tanto a legal-porque non se pode pedir xustiza para Schnauzi-vestindo un abrigo de pel,facendo a dixestión dunhas costeletas de año leital, ou levando os nosos fillos a un circo con animais-como a que se produce á marxe da lei.
Exiximos a fin de toda permisidade ante a crueldade exercida sobre seres que posúen coma nós,capacidade de sufrir e sentir.Por eso estamos hoxe aquí,unindo a nosa voz, á de todos os que agora mesmo no resto de España,tamén están demandando o fin dun especismo letal para millóns de seres co mesmo dereito á vida que os humanos,e un endurecemento das penas para o maltrato de animais,equiparando tanto o contido dos supostos como as sentenzas da lexislación doutros países de Europa,países que teñen códigos penais ante os cales nos deberiamos sentir avergoñados por permanecer todavía sumidos nun atraso que alimenta conductas tan salvaxes.
Mentres tanto,España seguirá sendo terra fertilizada co sangue de inocentes para que torturadores e asasinos actúen con impunidade.


NON O MALTRATO ANIMAL,SOMOS A SÚA VOZ.

1 comentario:

  1. A VUESTRO LLAMAMIENTO ME SUMO DESDE EL PAÍS DE LOS BOSQUES:

    NON O MALTRATO ANIMAL: SOMOS A SÚA VOZ.

    AÑADÍ ESTE LINK AL POST Q PUBLIQUÉ HOY Y Q PODÉIS VER AQUÍ:

    http://www.blogger.com/post-edit.g?blogID=8268192370526883810&postID=3420442208430579339

    Abzs del Alma y: GRACIAS POR SER!

    Male.

    ResponderEliminar