miércoles, 18 de enero de 2012

MUSE PERDIDO EN SANTIAGO,FALLECIDO

Ola!Perdemos un can beagle de ano e medio o venres día 13/01/2012 e creamos un evento para difundir a noticia e que cheguen pistas sobre o seu paradeiro. Perdeuse en Santiago de Compostela, no paseo do río Sarela, por detrás da carballeira de santa susana. Esa mesma tarde vírono no colexio novo de Manuel Peleteiro na rúa de Monterredondo. As posibilidades que manexamos son a zona de Teo (Peleteiro, Montouto, Os Tilos..,) ou as carreteiras de A Estrada (Cacheiras e alrededores) e a de Ourense (Boqueixón, Vedra e alrededores). No caso de que volvera atrás pasaría polo castiñeiriño. Serianos de gran axuda que compartirades a noticia por todos os medios posibles para que nos chegue algunha pista máis sobre a dirección que tomou. O can ten microchip e leva no seu collar (rojo) unha chapiña có seu nome e o número de teléfono (664559957). Chámase Muse e puxemos carteles por Santiago centro e alrededores. A axuda de toda a xente que se está movilizando está sendo crucial na súa búsqueda, se non fora por eles non chegariamos a buscar pola zona onde o viron e están sendo un gran apoio para nós. Por iso, pedimos que se faga eco da noticia para que chegue ó máis lonxe posible e alguén o localice e nos chame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario