jueves, 28 de mayo de 2015

TEREMOS POSTO CULINARIO NA FESTA DA CEREIXA O SÁBADO 6 EN BEADE.DIFUNDIDE!!!!!!

 
A localidade viguesa de Beade celebra dende o ano 1985, a Festa da Cereixa.
O motivo da feira é rendir unha homenaxe gastronómica á recolleita do froito e recuperar e seu cultivo.

 
Beade era unha gran productora de cereixas pero este traballo tradicional comezou a desaparecer coa auxe da madeira das cerdeiras. Por iso a organización decidiu rendirlle homenaxe cunha gran festa. A gran repercusión obtida obrigou a realizar novas edicións. O mesmo tempo, leváronse a cabo xornadas técnicas que desembocaron na creación da Asociación de Productores de Cereixas de Galicia, promotores da repoboación de 50.000 cerdeiras.
 

Ademais das actividades gastronómicas e stands de venda do producto, a organización prepara en cada edición varias actividades e concursos.
Esta festa de exaltación da cereixa, na que o prato forte son os concursos de carteis, narrativa, poesía, presentación, calidade, derivados e repostaría, pódense apreciar as distintas formas de traballar e presentar as cereixas. Conta ademais cun amplo programa de actos paralelos como actuacións folclóricas, exposicións (gancho, corte e confección, manualidades, pintura, bolillos, etc.), entrega de premios e de cereixas de ouro, venda de cereixas, tartas, e todos aqueles productos típicos das feiras.
 
 
 
TODO AQUEL QUE QUEIRA COLABORAR CON ALGÚN POSTRE,POSTRE VEGANO,EMPANADA....................QUE SE POÑA EN CONTACTO CON NOS.
TEREMOS A VENDA TAMÉN,CAMISETAS,BISUTERÍA..............
 
ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario