viernes, 20 de abril de 2012

28 DE ABRIL,MANIFESTACIÓN EN CONTRA DA MATANZA DE HÍBRIDOS,CANS E LOBOS EN BARBANZA

SÁBADO 28 DE ABRIL
SANTA UXÍA DE RIBEIRA
NA PRAZA DO CONCELLO
ÁS 18.30H


Segundo a consellería,están sendo autorizadas, por parte

da Dirección Xeral Para a" Conservación da Natureza", batidas, agardos e trampeos contra supostos lobos híbridos na comarca do Barbanza.

Que estamos en total desacordo con esta medida, porque consideramos que hai outras

alternativas máis éticas coma capturar ós animais vivos e esterilizalos.

Que, segundo noticias de prensa e observacións particulares e de grupos ecoloxistas, parece

ser que se están realizando batidas sen supervisión algunha, nas que se lles da morte a

diferentes animais (incluídos lobos, híbridos e cans) por parte dos cazadores.

Que os agardos e trampeos vánse  facer en plena época de cría o cal supón que a captura ou

morte da nai vai supoñer a morte de tódolos cachorros por inanicción.

Que varios animais, incluidos lobos, están aparecendo mortos a causa da utilización de lazos

ilegais.

Que na observación dos animais abatidos parece que se atoparon cánidos con sinais de

manipulación por parte do home, concretamente animais que tiñan as orellas recortadas.

Que tais indicios poderían ser unha proba de que se están soltando cans asilvestrados ou

híbridos de lobo no monte, co obxecto de confundir e enganar a esa Dirección Xeral, e así

poder matar lobos que supostamente atacan ó gando.

Á vista do exposto SOLICITAMOS:

Que se deteñan de inmediato as batidas autorizadas, así como os agardos e trampeos,

estudando outro tipo de medidas alternativas e buscando solucións máis éticas e

contemporáneas.

Que de continuar con esta matanza se nos autorice a participar coma observadores, así coma

que se nos informe de tódolas análises realizadas ata o momento e das que se realicen a

partires de agora.

Que se investigue, chegado o caso, a relación que podería haber entre os denunciantes da

existencia de lobos híbridos e a aparición de lazos que ocasionan vítimas de maneira

indiscriminada.

Por último, demandamos tamén, que non olviden que o crecemento da poboación de cans no

monte se debe ao abandono destes animais por parte dos responsables e os poucos que

chegan a sobrevivir non teñen máis opción que adaptarse ó medio para permanecer con vida.

Polo que a solución para evitar posibles hibridacións no futuro pasa por poñer en práctica

medidas que eviten os abandonos: controis exhaustivos dos cans de caza, revisións rutinarias

de microchips, rexistro municipal deste animais, compromiso de esterilización, infraccións por

abandono, e, en definitiva un interese por parte da Administración en educar a sociedad no

respeto pola vida dos animais.

VOX ANIMA

1 comentario:

  1. En este artículo desmotan toda la teoría de que los lobos están fuertemente hibridados con perro doméstico, y al final hablan de los intereses creados que hay para que la gente de por buena esa teoría: http://www.molososyperrosdepresa.com/2012/04/son-hibridos-el-4-de-los-lobos-ibericos.html

    ResponderEliminar