domingo, 26 de octubre de 2014

NOTICIAS DE ODÍN Y NUESTRO EX-MALTRATADO RABITO

LAS NOTICIAS QUE MÁS NOS GUSTA RECIBIR.RABITO SE VA RECUPERANDO POCO A POCO.
LEDI Y MARTÍN NOS CUENTAN:
"Polo demais, está guapísimo (xa se sabe que é un gato precioso) e moi contento. Pide atención e comida como un descosido. É como ter un cadeliño, sempre pendente de ti, buscándoche a mirada e pedindo que lle fagas caso. Odín é máis gato nese sentido, pero tamén colleu moito meco. Entre eles, non se adoran, pero lévanse ben. Cando chegue o inverno seguro que se poñen máis xuntiños! O que manda entre eles é Odín, que non dubida en levantarlle a pata para frear a Rabito, sobre todo cando lle quere comer do prato. Iso si, comparten a súa querencia pola pasta de malta e as galletas Campurrianas.

E tamén quería aproveitar para agradecervos a vós e tamén ás voluntarias e voluntarios a paciencia que tivestes con Rabito cando estaba o pobre escaldado coa vida e comportábase como unha fera corrupia. Asegúrovos que agora é un ceo de gato. Vigoroso no físico e forte de carácter, si, pero un auténtico amor."
http://blogdeproyectogato.blogspot.com.es/2014/03/el-maltratado-se-esta-dejando-ir-en-el.html






No hay comentarios:

Publicar un comentario