lunes, 8 de agosto de 2011

ABOLICIÓN DA TAUROMAQUIA EN GALICIA

Ola amig@!
Ao longo do mes e medio pasado temos estado traballando moi intensamente contra o intento de inculpar a activistas de distintos delitos polo feito de teren traballado en defensa dos animais. Como vos temos informado na nosa web, páxina de facebook, etc., estivemos traballado na campaña contra este absurdo intento de criminalización. Leváronse a termo deceas de actos ao longo dun gran número de cidades do territorio español, así como rodas de prensa, movilizacións internacionais, accións legais contra aqueles que teñen querido criminalizar aos defensores dos animais, etc.Podes obter máis información de todo este inxusto proceso na web: www.UnidosContraLaRepresion.org
Esta loita requeriu e segue requerindo un grande esforzo. Aínda así, non imos deixar que este proceso impida que continuemos levando a cabo o noso traballo en defensa dos animais. En particular, un ámbito que require da nosa movilización nestas datas é o da loita contra a tauromaquia. Xa que, coa chegada do verán, en distintos puntos do estado español teñen lugar eventos taurinos, nos que numerosos animais son torturados ate a morte. Por este motivo, o pasado día 11 de xuño realizamos una exitosa movilización no centro de Madrid. Podes ver imaxes da mesma pinchando aquí.
Agora é a hora de seguirmos loitando tamén noutros lugares. En Galicia, o vindeiro sábado 6 comezarán os eventos da tempada taurina en dúas cidades: A Coruña e Pontevedra. Ante isto, dende Equanimal animámoste a que te sumes a participar connosco nas movilizacións pola abolición da tauromaquia para que xuntos e xuntas sexamos máis, os que reivindiquemos a abolición definitiva destas agresións aos animais.
Estas son as datas das movilizacións que terán lugar tanto na Coruña como en Pontevedra:
- A Coruña: O vindeiro sábado día 6 de agosto terá lugar unha manifestación pola abolición da tauromaquia convocada por Galicia mellor sen Touradas. A manifestación sairá ás 19:00h da Praza de María Pita.
- Pontevedra: Sábado 13 de agosto a manifestación pola abolición da tauromaquia convocada pola coordenadora Antitouradas de Pontevedra . partirá ás 20:00h da Praza da Peregrina.
Voluntarios e voluntarias de Equanimal imos estar presente en ambas manifestacións e animámoste a que apuntes a vir. Levaremos carteis e pancartas tamén para ti ademais de movilizarmos coches dende Vigo aos que te podes sumar. ¡Non faltes! Que a ética avance e non retroceda é cousa de todos e todas!
Para calquera dúbida de como ir ata  Pontevedra e Coruña ou para máis información, escribe ou chama a:
Galicia@equanimal.org
Tel: 697 194 844
Con estas manifestacións imos mostrar ao conxunto da sociedade o apoio que un gran número de personas dan á abolición de la tauromaquia. Pero non só isto. Queremos tamén que estas movilizacións sirvan también para difundir o respeto aos animais en xeral, e a idea de que debemos rexeitar, dunha vez por todas, a idea de que os animais son meros obxetos á nosa disposición.
¡Contamos contigo, acode!

 Javier González
Voluntariado Galicia - Fundación Equanimal
Apartado 14.454, 28080-Madrid
Tlf. 697 194 844 | www.equanimal.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario