Dende Touradas fora de Pontevedra
queremos informar que o próximo sábado 9 de agosto ás 20h partirá unha
nova mobilización dende a Praza da Peregrina de Pontevedra cos lemas
TOURADAS FORA DE PONTEVEDRA, A TORTURA NEN ARTE NEN CULTURA.
Como
sabedes esta é xa a 6ª edición. Durante o ano 2014 producíronse numerosos
movementos respecto á loita antitouradas no país. É por isto que dende Touradas
fora de Pontevedra queremos implementar as nosas accións reivindicativas co
obxetivo de suprimir todo tipo de festexo taurino na nosa cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario