miércoles, 12 de diciembre de 2012

ESQUERDA UNIDA DE VIGO PRESENTA NO REXISTRO DO CONCELLO PROPOSTAS DE MODIFICACIÓN DAS ORDENANZAS FISCAIS E TASAS PARA O 2013

30,NOVEMBRO,2012

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, presentou hoxe no rexistro do Concello de Vigo unha serie de propostas de modificacións das tasas e ordenanzas fiscais co fin de “facelas máis sociais” e fiscalmente redistributivas da riqueza.
EU considera que o IBI, que supón máis de 50 millóns de euros dos 83 que se recaudan por esta vía, ten que bonificarse en canto o número de fillos e o valor catastral da vivenda e ampliar o catálogo do tipo de gravamen existente para sexa un imposto equilibrado en canto a uso do inmoble, evitando que a vivenda un traballador teña o mesmo que o dun inmoble con uso lucrativo como fan moitos gobernos municipais progresistas no estado español
EU lembra que siguen sen crearse ordenanzas de importancia para o termo municipal de Vigo como a ORDENANZA DE PROTECCIÓN ANIMAL que EU pretende elaborar con colectivos animalistas da comarca.
EU considera que a pesar do marxe que o RDL 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 49 da Lei 7/85, o concello de Vigo ten marxe de manobra para evitar que os precios e tasas públicos se disparen e mesmo que se amortice o impacto con rebaixas en canto a renda ou situación laboral.
ADXUNTAMOS PROPOSTAS DE EU ÁS ORDENANZAS FISCAIS 2013
http://issuu.com/proyectogato/docs/eu
http://issuu.com/proyectogato/docs/eu2
http://issuu.com/proyectogato/docs/eu3

No hay comentarios:

Publicar un comentario