jueves, 20 de diciembre de 2012

ESPECTACULAR TALA DE ÁRBORES EN O CASTRO.

Nos dous últimos anos no Parque de O Castro de Vigo se levan realizando talas periódicas de árbores e arbustos. Polo menos se talaron 8 antigos cedros do Atlas coincidindo coa musealización do poboado castrexo (2010). Dende ese momento, se realizaron diferentes actuacións similares e a estima e dun mínimo de 30 exemplares de árbores de gran e mediano porte. Moitos destos exemplares non parecían estar en mal estado e a madeira tiña bo aspecto, polo que non parece que a causa das talas teña unha explicación fitosanitaria. Moi ó contrario existiron árbores con polas podres que nunca se podaban ou retiraban e algunhas caeron coincidindo con temporais de inverno.

 O 18 de decembro 2012 se realizou unha tala masiva de árbores de gran porte no Parque de O Castro de Vigo, concretamente na zona do estanque dos patos do paseo Rosalía de Castro que circunda a parte superior do parque. Esa tarde había persoal talando árbores arredor do estanque (cos patos no interior do ruinoso estanque) e a falta de comprobar o número de árbores, se poden observar 6 tocóns grandes e os troncos no chan. Ademais de árbores sen copa que previsiblemente se talaron nos dias seguintes.. Nese momento estaban a realizar a tala dificultosa dunha árbore moi alta cunha grua e persoal de "traballos verticais".


 

Como antecedente, hay que siñalar que en Novembro aconteceu a caida dunha árbore sobre o estanque tras un dos temporais de vento e auga. Esa árbore foi retirada e se destruíu boa parte do estanque. Posteriormente se realizou un cerramento temporal con vallas de obra e traballos de poda e eliminación de toda a vexetación interior, deixando ós animais sen refuxio xa que as casetas foron retiradas. A tala do 18 realizouse  sobre tódalas árbores que estaban  arredor deste punto, pero fora do estanque, sin aparente perigo de caida, e algunha árbore situada moito mais lonxe. Descoñezo o criterio para realizar esta eliminación de flora.

Precisamente, este núcleo de árbores grandes caducifolias é usado por aves como o cárabo, que ainda habitan no parque.

Entendo que o goberno actual no Concello leva adiante unha política de parques totalmente impropia das cidades europeas do século XXI, e penso que o único parque urbano do centro de Vigo non debería ser xestionado desta maneira.
 
XULIO VALEIRAS.
http://dl.dropbox.com/u/21635523/FotosTalaParqueCastroVigo18122012.rar

No hay comentarios:

Publicar un comentario