miércoles, 12 de noviembre de 2014

BANCO DE ALIMENTOS ESTE VENRES E SÁBADO EN EROSKI CENTER DA RÚA BARCELONA N57 BAIXO


"Banco de Alimentos para Mascotas de Persoas sen Recursos"

 

Debido á complicada situación económica que vivimos actualmente, cada vez estamos a recibir máis chamadas de persoas que están pasando malos momentos e que necesitan axuda para poder alimentar ás súas mascotas e facerse cargo dos  gastos veterinarios. Por este motivo, dende a Asociación Protectora de Animais Proxecto Gato, decidimos poñer en marcha, coa solidaridade do GRUPO VEGALSA, este Banco de Alimentos para Mascotas.

Agradecémosvos enormemente a vosa participación para poder levar a cabo este proxecto, xa existente noutras cidades. Cantos máis sexamos a máis xente poderemos apoiar e entre todos concienciaremos a toda la sociedad de que é imprescindible que nos axudemos uns aos outros nestes tempos tan duros.

Temos que evitar a terrible dor que supón a separación dunha persoa da súa mascota, e máis aínda nos tempos en que vivimos, xa que ter aos nosos amigos peludos ao noso lado, é máis que nunca unha alegría que anima a seguir loitando. Por non falar do duro e traumático que é para un animal doméstico rematar nun refuxio, debido á gran tristeza e depresión que sofren ao verse separados da súa familia, e por desgracia, na maioría dos casos non chegan á superalo.

 

Para obtar a estas axudas débense presentar os seguintes documentos:

 

* DNI.

* Tarxeta de demandante de emprego.

* Xustificante de ingresos dunha cuantía igual ou inferior a 426€.

* Xustificante de que os ingresos dos membros da unidade familiar non sobrepasen os 483’98€ (teñen prioridade as persoas con cargas familiares e hipotecas).

 

Para máis información chamar ao seguinte número de teléfono: 670594658

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario