lunes, 9 de julio de 2012

RUBÉN PÉREZ (EU): OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE VIGO CONSIGNAN RECURSOS SUFICIENTES PARA MANTER A “PROXECTO GATO” ACTIVO E NAS INSTALACIÓNS DA MADROA.

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez lembra que o goberno municipal consigna nos orzamentos deste ano 96.000 euros de convenio coa protectora de animais de vigo e os 18.000 euros de mantenemento das instalacións polo que a actividade que realiza PROXECTO GATO de recollida, coidado e protección de felinos é perfectamente asumible polo Concello e a todas luces, insustituible e incapaz de ser realizado pola propia protectora, organismo anclado en parámetros de protección animal do século pasado e contrarios a directivas europeas en canto a esterilización mediante profesionais cualificados, minimización do sacrificio de animais e seguimento das adopcións realizadas.


EU considera “unha cruzada personal” da concelleira Chus Lago o aviso de desaloxo en 14 días das instalacións da Madroa do Proxecto Gato e lembra que máis de 300 felinos están nestes momentos nas salas da mesma, moitos deles en proceso de recuperación de saúde e adaptación.

EU considera necesario que se renove o convenio con “PROXECTO GATO” vixente dende 2008 e que dende fai dous anos, polos procesos xudiciais promovidos pola xerencia da protectora e do propio Concello, non ten ningunha asignación económica ao proxecto, que “numantinamente” sobrevive polo apoio de particulares e voluntarios.

“Non entendemos” Suliña Rubén Pérez, “en que se van os máis de 100.000 euros que entre mantenento de instalaciós e convenio directo recibe a protectora de Vigo: “esperamos que a protección animal non sexa un modo de vida de algúns mentres os animais son sacrificados masivamente dentro dunha tráxica asimilación de criterios mercantilistas de coste=beneficio”

EU mobilizarase coa sociedade viguesa o vindeiro LUNS 9 DE XULLO ás 19:00 horas na entrada da protectora da Madroa contra este desaloxo de Proxecto Gato e por outra política de protección animal na nosa cidade.
--
ESQUERDA UNIDA
Agrupación Local de Vigo

1 comentario: