

Desaparecida en Saiáns, en Cal do Outeiro, moi cerca do taller de coches que hai pretiño da glorieta de Priegue ,na Estrada de Camposancos. E unha gatiña negra de ollos amarelos de dous anos. Ten unha manchiña branca na parte dianteira do cuello. Ten a punta do rabo cortada, polo que ten unha forma redondeada e xusto na punta a cor e mais negra que no resto. Chámase Patu, Patusiña… Está esterilizada e non leva collar. E moi curiosa e cariñosa, polo que se achega aos outros animais e ás persoas sen ningún medo. Desapareceu hai mais dunha semana e estamos moi preocupados. Se alguén a viu ou ten algunha información sobre ela, estaríamos moi agradecidos de que se puxese en contacto connosco.
Patu YA ESTA EN SU CASA, MUCHAS FELICIDADES A SU FAMILIA :D
No hay comentarios:
Publicar un comentario